jueves, 18 de abril de 2024

ENAPA: Uso saudable da tecnoloxía

 


Hoxe tivo lugar na Nosa escola un encontro no que puidemos compartir a necesidade do uso responsable das tecnoloxías e os perigos que estas poden significar nun futuro non moi lonxano para @s nos@s pequen@s.


Quedou claro que esta é unha labor conxunta da comunidade educativa, de ahí a necesidade un traballo conxunto, común e consensuado no que familia e escola traballen xuntas. 
Non tentamos de denostar as novas tecnoloxías senón de saber utilizalas con sentido e finalidade, seleccionando contidos, tempos, con control, seguridade…

miércoles, 3 de abril de 2024

ENAPA: Uso saudable das tecnoloxías

 O vindeiro xoves 18 de abril terá lugar na escola o último encontro da Escola de Nais e Pais promovida polo centro, onde se abordará o uso das novas tecnoloxías na infancia e na adolescencia.

Os que necesitedes acudir cos nenos/as falade coas titoras.

Agradecemos que confirmedes a vosa asistencia.

Grazas



martes, 2 de abril de 2024

ADMISIÓN 24-25

 Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.


A información contida neste listaxe só pode facerse pública:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixita

miércoles, 28 de febrero de 2024

INFORMACIÓN ADMISIÓN 24-25





 


ADMISIÓN 24-25

 O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:


do 1 ao 20 de marzo


Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:


De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:


1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR


2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.


Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:


Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.

O impreso de solicitude:


Xunto co impreso de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.



A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

12:30 a 13:20 h

PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2024.
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO DE 2024.